31 mar. 2012

Hosanna! Bendito o que vén no nome do Señor! - Mc 11, 1-10

Domingo de Ramos - ciclo B


ESTE É O TEMPO DA HISTORIA

Este é o tempo da historia,
da historia dura e pura;
da paixón de Deus desbordante
e das realidades humanas.

É tempo de morte e vida,
de salvación a mans cheas;
do nós compartido,
do todos ou ninguén,
e do silencio respectuoso e contemplativo.

Tempo de amor e de clamor,
tempo concentrado, non adulterado,
tempo de sorber ata a derradeira gota.
Tempo de nova alianza e de fidelidade
por riba do que sabemos, queremos e podemos.

Tempo no que Deus toma a dianteira
para ofrecemos a vida a mans cheas.
É tempo de todos os que perderon,
dos que sufriron ou malviviron.

É tempo da memoria subversiva,
de Deus facendo xustiza e dándonos vida.




No hay comentarios:

Publicar un comentario