5 mar. 2012

Hoxe decido perdoar e encherme de amor


HOXE DECIDO PERDOAR E ENCHERME DE AMOR

Doume o agasallo de liberarme do pasado
Esquezo os agravios que me fixeron e perdoo con amor.
Elixo gozar a vida e deixar o pasado atrás.
Así cada día fáiseme máis fácil perdoar

Acepto os meus erros e perdóome para seguir adiante coa fronte no alto.
Dá igual o que me fixeron, decido esquecelo agora mesmo polo meu propio ben.
Teño o meu corazón cheo de amor e comprensión para cos que me ofenderon.
A miña capacidade para perdoar aumenta cada día.
Son o suficientemente forte como para non deixar que ninguén me ofenda.

Sei que sempre atoparei a solución que máis me beneficie,
se confío en min mesmo e en Deus. Énchome de amor e de perdón.

É un alivio seguir coa miña vida deixando atrás os agravios pasados.
Acepto que o perdón é a vía para seguir mellorando a miña vida.
Podo perdoar e comprender a quen me fixo dano.
Énchome de Amor e Compaixón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario