Este é o meu Fillo benquerido - Mc 9, 2-10

Domingo 2 Coresma - ciclo B


ORACIÓN PARA TER ALEGRÍA

Bendita a alegría, Señor,
bendita a risada, a risa e o sorriso.

Que non me domine nunca, Señor, 
pola túa graza, polo teu amor,
nin a tristura, nin a amargura,
nin a terrible depresión.

Quero ser ledo, coma ti,
que inventaches todas as músicas e sinfonías,
todos os paxaros cantores,
todas as árbores, todas as cores,
todos os corazóns humanos que aman e cantan.

Axúdame a bater coas augas da alegría, 
para beber delas ata fartar,
e que se convertan en min nunha fonte 
que salte ata a vida eterna.

Contigo ao pé, solidario sempre cos irmáns, 
quixese ser ledo en todos os momentos, 
incluso cando me sinta frouxo e pecador, 
incluso cando o corpo non aguante e enferme,
incluso cando o traballo se me faga pesado,
incluso cando fracasen os nosos intentos de irmandade,  
incluso cando me veña algunha desgraza,
incluso cando a morte me diga: aí vou.

Señor, dáme irmás e irmáns ao meu redor, 
cos que compartir, dando e recibindo,
o inigualable don da alegría.



Comentarios

Publicacións populares