Mandou Deus ao seu Fillo para que, por mediación del, se salve o mundo - Xn 3,14-21

Domingo 4 Coresma - ciclo B


EU SON O SEÑOR O TEU DEUS

Eu son o Señor, o teu Deu;
o que soñou contigo antes que naceses
e te chamou á vida.

Eu son o Señor, o teu Deus;
o que te sacou de Exipto
e che deu unha terra nova.

Eu son o Señor, o teu Deus;
o que fixo unha Alianza contigo
e che perdoou cada infidelidade.

Eu son o Señor, o teu Deus;
o que cambiou o teu corazón
e cativou a túa vida.

Eu son o Señor, o teu Deus;
o que cada día te chama
e te invita a vivir en Amor.





Comentarios

Publicacións populares