24 mar. 2012

Oh Deus, crea en min un corazón puro - Salmo 50

Domingo 5 Coresma - ciclo B


SEGUINDO A XESÚS

Ti invítasnos a vivir seguíndote,
a volver á vida doutra maneira.
Pídesnos que esteamos na vida
como os que aman e dan a vida.

Ti coñeces o que somos, pero soñas
que das nosas cinsas nazan flores.
Arriscar a vida é duro,
arriscala na flor da vida;
axúdannos as presenzas alentadoras
dos que hoxe e onte, e mañá din:
queremos ver a Xesús.

                   (Revista Orar, nº155)  

No hay comentarios:

Publicar un comentario