6 mar. 2012

ARREPENTIMENTO

Mestre, ¿por que non aconsellas nunca o arrepentimento?”,
preguntou o predicador.
¡Pero se non ensino outra cosa...!”, replicou o Mestre.
¡Pois eu nunca che escoitei falar da dor polos pecados!
O arrepentimento non consiste en aflixirse polo pasado. O pasado está morto e non merece un so momento de aflición. Arrepentirse é cambiar de mente; é ver a realidade dun modo radicalmente distinto”.


Anthony de Mello. “Un minuto para el absurdo”.





No hay comentarios:

Publicar un comentario