3 mar. 2012

Camiñarei na presenza do Señor - Salmo 115

Domingo 2 de Coresma - ciclo B




ORACIÓN DE CONFIANZA

No medio da sombra e da ferida
Pregúntanme se creo en Ti. E digo
Que teño todo cando estou contigo:
O sol, a luz, a paz, o ben, a vida.

Sen Ti, o sol é luz descolorida.
Sen Ti, a paz é un cruel castigo.
Sen Ti, non hai ben nin corazón amigo.
Sen Ti, a vida é morte repetida.

Contigo o sol é luz namorada,
E contigo a paz é paz florida.
Contigo o ben é casa repousada,
E contigo a vida é sangue ardida.

Pois se me faltas Ti, non teño nada:
Nin sol, nin luz, nin paz, nin ben, nin vida.

                                        (José Luis Martín Descalzo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario