19 dic. 2016

Velaí a virxe concebirá - Is 7, 10-14

Domingo 4 de Advento - ciclo A


ASÍ É...

Coma o vento que asubía en plena noite,
coma as luces que parpadean no horizonte,
coma o resío que empapa a terra de mañanciña,
coma o campo arado para acoller a semente...

Coma os resoles de mediodía que manteñen a vida,
coma os reloxos coas súas horas e notas musicais,
coma os tules que desvelan e esconden interioridades,
coma os solpores que se coan por xanelas e fendas...

Coma o silencio da natureza que dorme e crece,
coma os outeiros que se erguen sempre inmutables,
coma os mananciais que crean correntes e fontes,
coma as árbores que mostran as súas xemas humildemente...

Coma a semente que cae, morre e renace,
coma as estrelas que tremen e locen,
coma as sendas e camiños cheos de cruces e sinais,
coma a vida sempre á intemperie...

Mensaxeiros que van e veñen,
vixías apostados en ameas e torres,
profetas cargados de promesas,
peregrinos en busca de destino...

Os soños desbocados das nosas ilusións,
as esperanzas dos que nada teñen,
os surcos do Espírito feitos historia,
Deus bailando no noso ventre...

Así é o Advento que necesitamos
e que se nos ofrece gratis cada instante.


Florentino Ulibarri


No hay comentarios:

Publicar un comentario