Domingo 3 de Advento A
PRIMEIRA Is 35, 1-6a. 10
Virá o mesmo Deus e salvaravos
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
35 1¡Que se alegren o deserto e maila terra reseca,
que brinque de ledicia a estepa e que floreza!
¡Que, coma a lis, 2floreza abundantemente,
que brinque en exultante danza!
Concedéuselle a gloria do Líbano,
o esplendor do Carmelo e do Xarón.
Eles mesmos verán a gloria do Señor,
o esplendor do noso Deus.
3Fortalecede as mans adormecidas,
e ponde firmes os xeonllos que tremen.
4Dicídelles ós de corazón tímido:
"Collede ánimo, non temades.
Velaí o voso Deus.
Chega a vinganza, a recompensa de Deus.
Chega El mesmo, e salvaravos".
5Entón abriranse os ollos dos cegos,
e os oídos dos xordos destaparanse.
6Entón o coxo saltará coma un corzo
e a lingua do mudo cantará xubilosa.
10e os rescatados do Señor volverán por ela,
entrarán en Sión con xúbilo,
felicidade eterna sobre as súas cabezas.
Conseguirán ledicia e felicidade,
pois o sufrimento e o pranto fuxirán.
SALMO RESP Sal 145, 7. 8-9a. 9bc-10
R/ (cf. Is 35, 4): Ven, Señor, a salvarnos
Ou: Aleluia.
7El garda por sempre a súa fidelidade:
failles xustiza ós oprimidos
e dálles pan ós famentos.
O Señor libra os
cautivos,
8o Señor abre os ollos dos cegos,
o Señor endereita os dobrados,
o Señor ama os xustos.
9O Señor protexe os forasteiros,
Sostén os orfos e as
viúvas,
extravía os camiños dos malvados.
10Reine o Señor por sempre,
o teu Deus, Sión, polas xeracións.
SEGUNDA Sant 5, 7-10
Afincade os vosos corazóns, porque está xa cerca a chegada do Señor.
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SANTIAGO
7Tede paciencia, irmáns, deica a volta do Señor. Reparade en
como o labrego coa
esperanza posta nos preciosos froitos da terra agarda con
paciencia as augas temperás e
as serodias. 8Tede tamén vós paciencia e collede folgos,
porque o Señor axiña chegará.
9Non vos queixedes, irmáns, uns dos outros, para que non vos
sentencien; mirade que o
xuíz está xa á porta. 10No sufrimento e na paciencia,
irmáns, seguide o exemplo dos
profetas que falaron no nome do Señor.
ALELUIA Is 61, 1 (Cit. en Lc 4, 18):
O Espírito do Señor está sobre min:
mandoume a evanxelizar ós pobres
EVANXEO Mt 11, 2-11
¿Es ti o que ha de vir, ou agardamos a outro?
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
2Xoán, oíndo falar na cadea das obras de Cristo, mandou os
seus discípulos a lle
preguntar:
3-¿Es ti o que ten que vir ou esperamos a outro?
4Respondeulles Xesús:
-Ide e contádelle a Xoán o que estades oíndo e vendo: 5os
cegos ven e os coxos andan,
os leprosos fican limpos e os xordos oen, os mortos
resucitan e ós pobres estáselles
anunciando a Boa Nova. 6¡E ditoso quen non se escandalice de
min!
7Non ben se foron eles, comezou Xesús a falar de Xoán á
xente:
-¿Que fostes ver ó deserto?: ¿unha cana abaneada polo vento?
8Pois logo, ¿que fostes ver?: ¿un home vestido con roupas
finas? Pero os que vesten
roupas finas están nos pazos dos reis. 9Pois logo, ¿a que
saístes?: ¿a ver un profeta? Si,
e abofé que moito máis ca un profeta. 10Este é de quen está
escrito:
Olla, mando o meu mensaxeiro diante de ti,
para que prepare o teu camiño.
11Tede por seguro que non naceu de muller ninguén meirande
ca Xoán Batista, aínda
que o máis pequeno no Reino dos Ceos é meirande ca el.
CANTOS
· ENTRADA: Volve, Señor
· LECTURAS: Como che cantarei
· OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá
· COMUÑÓN: Vén axiña visitarnos
TVG:
Comentarios
Publicar un comentario