5 dic. 2016

Xulgará ós pobres con xustiza - Is 11, 1-10

Domingo 2 de Advento - ciclo A


AIRE PURO

O aire puro da mañá
anuncia a súa presenza
e proclama o seu dereito a entrar en cada casa.

Ábrelle as portas.
Quítache as escamas.
Levanta a túa fronte.
Rende o teu peito.

Abrázao coas túas mans humanas.
Deixa ese tufo acedo que che sufoca,
esquece mortajas pasadas,
enxuga as túas bágoas,
fala,
canta,
arroxa a desesperanza.

Non deixes que che corten, planta.
Pensa nas albas que virán.
Pon cerco aos recordos que che atan.
Deixa entrar a mañá clara na túa casa,
e que Deus senta a gusto
dicíndoche a súa fresca palabra.


Florentino Ulibarri 



No hay comentarios:

Publicar un comentario