ORACIÓN EN TORNO Á COROA DE ADVENTO 3
III Semana
ALEGRÁDEVOS!... a vosa mesura sexa coñecida por todos
Guía: O Señor vén salvar ao seu pobo.
Todos: Ditosos os que lle esperan.
G: Vén como palabra de vida.
T: Ditosos os que lle escoitan.
G: Vén para anunciar o perdón dos pecados.
T: Ditosos os que lle acollen.
Da carta de S. Pablo aos Filipenses
"Estade sempre alegres no Señor; repítovolo, estade alegres. Que a vosa mesura sexa coñecida de todos os homes. O Señor está preto. Non vos inquietedes por cousa algunha; así a todo, en toda ocasión, presentade a Deus as vosas peticións, mediante a oración e a súplica, acompañadas da acción de grazas. E a paz de Deus, que supera todo coñecemento, custodiará os vosos corazóns e os vosos pensamentos en Cristo Xesús." (Fil 4,4-7)
Lector: Advento, tempo de espera, tempo de alegría. Alegrémonos sempre no Señor, e que A súa alegría poida vivir no noso corazón sendo signo de comuñón, de esperanza na caridade cara aos irmáns.
Acéndese a terceira vela
Acéndese unha luz para o home, pronto Xesús chegará entre nós.
G: Pastores, adorade con humildade a Cristo que nace na pobreza.
T: Cantade alegres: gloria ao Señor! Nacerá o Redentor.
Oremos:
G: Mira, oh Pai, ao teu pobo, que espera con fe o Nadal do Señor, e fai que chegue a celebrar con renovado xúbilo o gran misterio da Salvación.
T: Amén.
Comentarios
Publicar un comentario