Domingo 4 de Advento A

PRIMEIRA Is 7, 10-14
Velaí a virxe concebirá
 PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

 10O Señor volveulle falar a Acaz nestes termos:
11"Pide para ti un sinal de parte do Señor, o teu Deus, nas profundidades do Xeol ou
arriba nas alturas".

12Respondeu Acaz:
"Non o pido, pois non quero poñer a proba ó Señor".

13Entón dixo Isaías:
"Escoitade vós, casa de David: ¿Non vos é pouco domina-los homes, que aínda
queredes domina-lo meu Deus? 14Por isto, o meu Señor daravos El mesmo un sinal:
Velaí a doncela: está en cinta e dá a luz un fillo, ó que lle pon de nome Deus-connosco

 

SAL. RESP. Sal 23, 1-2. 3-4ab. 5-6
R/ (7c e 10b): Entrará o Señor: él é o rei da gloria

Do Señor é a terra e canto a enche,
o orbe e canto nel habita.
2El é quen a fundou sobre os mares
e quen a asegurou sobre as correntes.

 3¿Quen poderá subir ó monte do Señor?
¿Quen poderá quedar no seu santuario?
4O que ten as mans limpas e puro o corazón,
o que non pon a mente en cousas vas

5Ese recibirá do Señor bendición
e xustiza de Deus, o seu salvador.
6Así é a liñaxe dos que o buscan,
dos que buscan a presencia do Deus de Xacob.


SEGUNDA Rm 1, 1-7
Xesús Cristo, descendente de David, Fillo de Deus
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 1 1Paulo, escravo de Cristo Xesús, chamado para ser apóstolo, escollido para o Evanxeo
de Deus, 2que El prometera antes por medio dos seus profetas nas Escrituras santas, 3e
que trata do seu Fillo Xesús Cristo o noso Señor, que como home naceu da semente de
David, 4pero que polo Espírito santificador foi constituído Fillo de Deus con pleno
poder ó ser resucitado dos mortos.

5Por medio del recibímo-lo don de ser apóstolos, para promovermos entre tódolos
pobos xentís a obediencia da fe, en honor do seu nome. 6Entre eles tamén vos contades
vós, chamados por Xesús Cristo. 7A tódolos predilectos de Deus, que estades en Roma,
chamados a serdes santos, deséxovos gracia e paz de parte de Deus noso Pai e do Señor
Xesús Cristo.

 

ALELUIA Mt 1, 23:
Velaí a virxe concebirá e parirá un fillo;
e chamaranlle Emmanuel, Deus Connosco



EVANXEO Mt 1, 18-24
Xesús nacerá de María, desposada con Xosé, fillo de David
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 18O nacemento de Xesús Cristo foi así: María, a súa nai, estaba prometida a Xosé; e
antes de viviren xuntos apareceu ela embarazada por obra do Espírito Santo. 19Xosé, o
seu prometido, home xusto, non a queren-do aldraxar, decidiu repudiala secretamente.
20Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en soños, dicíndolle:

-Xosé, fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida; que o que
nela se concebiu é obra do Espírito Santo. 21Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome
Xesús, porque salvará o seu pobo de tódolos seus pecados.

22Todo isto aconteceu para que se cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta:
23Mirade: a virxe concebirá e dará a luz un fillo,
e poñeranlle de nome Emmanuel
(que quere dicir "Deus connosco").

24Acordou Xosé do seu soño, e fixo tal como lle mandara o anxo do Señor, levando
consigo a súa prometida.




CANTO GOZOSO
o   ENTRADA: Volve, Señor 
o   LECTURAS: Benaventurados 
o   OFERTORIO: Camiñar sen Xesús 
o   COMUÑÓN: Vén axiña visitarnos

Comentarios

Publicacións populares