ORACIÓN EN TORNO Á COROA DE ADVENTO 4
IV Semana
ACÓLLEO!... engrandece a miña alma ao Señor
Guía: O Señor vén salvar ao seu pobo.
Todos: Ditosos os que lle esperan.
G: Vén como palabra de vida.
T: Ditosos os que lle escoitan.
G: Vén para anunciar o perdón dos pecados.
T: Ditosos os que lle acollen.
Do Evanxeo segundo San Lucas
"Entrou na casa de Zacarías e
saudou a Isabel. E en oíndo Isabel o saúdo de María, o neno brincoulle no
ventre. Entón, chea do Espírito Santo, exclamou Isabel, a grandes voces:
‑Bendita ti entre as mulleres e
bendito o froito do teu ventre. ¿Quen son eu para que me visite a nai do meu
Señor? Pois ó que chegou o teu saúdo ós meus oídos, brincou de alegría a
criatura no meu ventre. ¡Ditosa ti que criches que se cumpriría canto che
anunciaron de parte do Señor!
Entón María exclamou:
A miña alma proclama a grandeza
do Señor,
e alégrase o meu espírito en
Deus, o meu Salvador,
porque reparou na súa humilde
escraviña." (Lc 1,40-48a)
Lector: Advento, tempo de espera, tempo de vixilia, tempo para crear un espazo novo, tempo para exultar. María, co seu SI, permite que a Palabra se faga carne e veña entre nós. Nós tamén queremos ser, con ela, un espazo no cal o Señor poida vivir, seo no cal o Señor poida ser anunciado.
Acéndese cuarta vea
Acéndese unha luz para o home, pronto Xesús chegará entre nós.
G: O coro celestial dirá "Paz aos homes de boa vontade"
T: Cantade alegres: gloria ao Señor! Nacerá o Redentor.
Oremos:
G: Oh Deus, que na virxinidade fecunda de María doaches aos homes os bens da Salvación eterna, fai que experimentemos a súa intercesión, porque por ela recibimos o autor da vida, o Cristo o teu fillo.
T: Amén.
Comentarios
Publicar un comentario