17 dic. 2016

Xesús Cristo, descendente de David, Fillo de Deus - Rm 1, 1-7

Domingo 4 de Advento - ciclo A


TI ESTÁS CONNOSCO

Señor, Ti estás connosco,
Ti estás connosco para salvarnos.
Ti es Deus connosco!

Señor, Ti estás sempre connosco,
e non te esqueces de ningún dos seres humanos;
Lévasnos sempre no centro do teu pensamento,
no centro do teu corazón.

Señor de ceos e terra,
baixaches á pequenez da miña vida,
á pequenez da nosa historia diaria.
Axúdanos a adiviñar e seguir as túas pegadas no camiño
que como irmáns facemos cada día.

Deus connosco, Ti salvas;
baixas, intervés e fástenos irmán.
Ti estás neste mundo noso,
non como quen condena e afoga,
senón como quen salva e engrandece.
Señor, que experimentemos toda a túa salvación,
que sexamos transmisores da túa liberación.

Por iso, esperámoste, Señor,
coa confianza de María,
co corazón aberto...;
coa serenidade de Xosé,
que adiviña o teu nome na noite...;
co amor e a tenrura de María e Xosé.

Señor, Ti estás connosco,
ti estás connosco para salvarnos.
Ti es Deus connosco!



Isidro Lozano


No hay comentarios:

Publicar un comentario