PARA A CATEQUESE EN GALEGO

Benquerid@s tod@s:

    Como agasallo de nadal, conseguimos que se suban á web da Catequese de Galicia os recursos en galego, como din as escrituras "Pedide e recibiredes" (inda que me dea un pouco de non sei que, ter que estar pedindo sempre...). Xa o tedes desde o Domingo III de Advento: http://recursos.catequesisdegalicia.com/course/view.php?id=37



   Grazas a Xosé Reboiras temos estes recursos á nosa disposición e irei subíndoos a slideshare (o único xeito de subir pdf ao blogue). Así que, COAS PRÓXIMAS FICHAS DE NADAL todos os mércores teremos xa as fichas accesibles e, en color, en galego tamén para calquera catequista que o necesite.

   Unha aperta grande, que estou máis contenta ca "unhas Pascuas"...

Winking Face


Comentarios

Publicacións populares