Volvéndose Naamán cara ao home de Deus, proclamou a súa fe no Señor - 2 Re 5, 14-17
Domingo 28 do Tpo. Ordinario - ciclo C
POSTOS A SER OUSADOS
Postos a ser ousados...
dános, Señor, ter sempre:
na cabeza,
fe nas persoas e no pobo;
nos ollos,
mirada transparente e visión digna
da túa presenza na historia;
nos oídos,
a escoita respectuosa e atenta
das súplicas e berros dos que non teñen voz;
nos beizos,
unha palabra próxima, tenra e boa
para os que buscan e preguntan;
no rostro,
transparencia, alegría e esperanza
para quen andan tristes e perdidos;
nos brazos,
a resistencia e loita polo teu reino
aquí e agora;
nas mans,
a dispoñibilidade solidaria
e un manancial de caricias;
nos ombreiros,
a fortaleza necesaria para cargar
a débiles, cansos e feridos;
nos pés,
a itinerancia polos teus camiños
e ás para desinstalarnos;
no corazón,
a túa paixón, a túa paz, a túa latexar
e a proximidade aos pobres;
no ventre,
a vida, sempre a vida,
recibida, xestada, dada, amada.
Florentino Ulibarri
Comentarios
Publicar un comentario