DOMUND 2016
Que é o DOMUND?
O Domingo Mundial das Misións é o día en que toda a Igrexa
universal reza pola actividade evanxelizadora dos misioneiros e misioneiras, e
colabora economicamente con eles no seu labor, especialmente entre os máis
pobres e necesitados.
Por que o DOMUND?
O 37% da Igrexa católica constitúeno territorios de misión,
un total de 1.100 circunscricións eclesiásticas que dependen da axuda persoal
de misioneiros e misioneiras e da colaboración económica doutras Igrexas para
realizar o seu labor.
Para que o DOMUND?
Cos donativos subvenciónase o sostemento dos misioneiros e
os seus colaboradores. Tamén se atenden outras necesidades especiais:
construción de igrexas e capelas, formación cristiá, compra de vehículos...,
ademais de desenvolver proxectos sociais, educativos e sanitarios.
Como se distribúe o diñeiro do DOMUND?
A Asemblea Plenaria dos Directores Nacionais das Obras
Misionales Pontificias, que se celebra cada ano en Roma, distribúe
equitativamente entre as solicitudes presentadas polos misioneiros a totalidade
das achegas chegadas de todo o mundo. Por iso pídese a colaboración co DOMUND
sen facer referencia a proxectos concretos.
Como colaboran os fieis?
Cun donativo na Xornada, facéndose socio cunha cota,
contratando o cartón VISA-DOMUND ou facendo beneficiario en testamentos e
legados ao Domund.
Chega aos misioneiros todo o diñeiro?
O donativo que cada fiel entrega para as misións é
recolleito na Dirección Nacional de OMP e enviado aos territorios de misión,
salvo unha mínima porcentaxe para gastos de administración.
Atenden os misioneiros situacións de emerxencia?
Ante catástrofes naturais ou bélicas, os misioneiros
canalizan a axuda de organizacións sociais e dedícanse a atender aos
damnificados. O DOMUND colabora con eles principalmente para que poidan
permanecer na misión tras esas situacións de especial emerxencia humanitaria.
Que é a obra da propagación da Fe e cando naceu?
A Obra Pontificia da Propagación da fe é unha institución
universal da Igrexa de cooperación coas misións a través da oración, o
sacrificio, a promoción das vocacións misioneiras e a cooperación económica e
material dos cristiáns de todo o mundo.
Esta Obra naceu en Lyon, Francia, en 1822, por iniciativa da
moza Paulina Jaricot. Comezou implicando aos traballadores locais para que
apoiasen as misións cunha pequena esmola cada semana. Un século despois,
establecida xa a Obra en case todos os países do mundo, o Papa Pío XI
converteuna na canle oficial de toda a Igrexa católica para axudar espiritual e
economicamente á actividade misioneira da Igrexa.
Cando se celebra esta xornada?
A actividade de
cooperación espiritual e material desta Obra é permanente durante todo o ano,
pero alcanza especial significación durante o chamado "Outubro
misioneiro". O día do DOMUND é o centro da celebración misioneira.
Cales son os seus principais fins?
1. Iniciar aos fieis na "contemplación" do rostro de Deus,
no que se reflicten os rostros dos máis pobres e necesitados.
2. Promover entre os fieis unha sensibilidade e predilección
cara aos que, aínda sen sabelo, buscan coñecer e ver a Xesús.
3. Participar nas actividades organizadas polas comunidades
eclesiais con motivo da celebración do DOMUND.
4. Colaborar cunha xenerosa achega económica para atender as
necesidades materiais dos misioneiros e das misións.
5. Intensificar a oración e o sacrificio polas vocacións
misioneiras de sacerdotes, relixiosos e relixiosas, e laicos.
Comentarios
Publicar un comentario