O xusto vive pola súa fe - Hab 1, 2-3; 2, 2-4

Domingo 27 do Tpo. Ordinario - ciclo C


AQUÍ ME TES

 Aquí me tes, Señor,
aprendendo a vivir na túa casa
e deixando que a túa mensaxe cale
a pesar de tantas contradicións.

Non son moito,
nin vallo,
nin teño moito.
Son un simple servidor teu
que dubida a cada paso
e arrisca pouco
porque a súa fe é tan pequena
que non chega ao tamaño
dunha semente de mostaza.
Aquí tesme, Señor.

Quero aprender a vivir na túa casa.
Pero aumenta a miña fe,
que é ben débil;
e o meu amor a todos,
que segue sendo torpe;
e a miña esperanza nena,
con tantas promesas,
coida, corrixe e eleva.
Aquí tesme, Señor.

Quero que a túa mensaxe me cale.
Árame, se é necesario ou che prace,
e sementa en min, como sabes,
o teu proxecto de irmandade,
o teu respecto aos pequenos,
o teu perdón ao ser ofendido,
o teu servizo sempre gratuíto...
sementes de boas novas
que non se desarraiguen!
Aquí me tes, Señor.

Conta comigo,
aínda que haxa silencios ou estalidos,
esquecementos e guerras secretas,
rebelións e promesas rotas...

Creo na alegría de servir.
Creo na grandeza da pequenez.
Creo en quen dignifica ao outro co seu facer.
Creo na forza da fe,
porque é don de balde e sen cargo.
Creo en Ti,
e creo un pouco... en min,
aínda que sexa servo e discípulo inútil.
Aquí me tes, Señor.

Aquí me tes.
Aquí me tes...
para servir a túa mensaxe e comida
nestas lareiras,
aos que Ti máis queres,
como me ensines,
o meu Mestre e Señor,
agora e sempre.

Florentino Ulibarri



Comentarios

Publicacións populares