2 oct. 2016

Domingo 27 de Ordinario C

Primeira Lectura     Hab 1, 2-3; 2, 2-4
LECTURA DO LIBRO DE HABACUC
O xusto vive pola súa fe

                     Ata que día, Señor, hei de estar pedindo auxilio,
sen que ti fagas caso?
           Ata que día clamarei cara a ti: "Violencia", sen que salves?
 Por que me fas ver a iniquidade e me fas contemplar o crime?
Rapina e violencia diante de min: hai rifas e suscítase a disputa.
            Respondeume o Señor e díxome:
‑Escribe a visión e grávaa en taboíñas,
para que se lea de corrido,
pois aínda volverá ser unha visión no seu momento,
falará da fin e non mentirá.
Se tarda, espéraa, pois virá e non demorará.
Velaí: o temerario faise forte,
o seu alento camiña con el,
pero o xusto vivirá pola súa fe..

   Palabra do Señor                             R/.  Grazas a Deus



SALMO RESPONSORIAL     Sal 94, 1-2. 6-7. 8-9
 R/.  (8):  Oxalá escoitedes hoxe a voz do Señor!
            Non endurezades vos vosos corazóns.

Vide, cantémoslle ó Señor,
aclamemos a nosa rocha salvadora;
acheguémonos á súa presenza con loanza,
aclamémolo con cancións.

 Vide, adorémolo prostrados,
axeonllémonos ante o Señor, que nos creou.
El é o noso Deus
e nós somos o seu pobo,
o rabaño que guía a súa man.
¡Se escoitásedes hoxe a súa voz!

Non endurezades o corazón, coma en Meribah,
coma o día de Masah, no deserto,
cando vosos pais me tentaron,
provocáronme aínda que viran os meus feitos.



Segunda Lectura     2 Tim 1, 6-8. 13-14
LECTURA DÁ SEGUNDA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO A TIMOTEO
Non te avergoñes do testemuño do noso Señor


Benquerido irmán:

                   Por esta mesma causa recórdoche que reavíve-lo carisma de Deus, que hai en ti pola imposición das miñas mans. Porque Deus non nos deu un espírito feble senón forte, de amor e de sobriedade. Non teñas vergonza de noso Señor, nin de min, preso por el; ó contrario, faite partícipe dos meus sufrimentos polo Evanxeo, contando co poder de Deus.
            Mantén coma regra as palabras saudables que me escoitaches verbo da fe e da caridade de Cristo Xesús. Garda o precioso depósito por medio do Espírito Santo, que mora en nós. 

   Palabra do Señor                             R/.  Grazas a Deus



ALELUIA     1 Pe 1, 25
Se non cántase, podar omitir

Aleluia, aleluia.
A palabra do Señor permanece eternamente;
e esta é a palabra que se vos anunciou.
Aleluia.


Evanxeo     Lc 17, 5-10
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Se tivésedes fe!



*      ENTRADA: Eu soñei 
*      LECTURAS: Non vou so 
*      OFERTORIO: Velaquí, Señor, o viño 
*      COMUÑÓN: Acharte presente 





TVG:




No hay comentarios:

Publicar un comentario