Recíbeo non xa como un servo, senón como un benquerido irmán - Film 9b-10.12-17

Domingo 23 do Tpo. Ordinario - ciclo C


QUERO SER LIBRE!

No teu seguimento,
quero ser libre.

Para facer a túa vontade en cada hora,  
quero ser libre.

Para xuntarme aos que traballan polos pobres,
quero ser libre.

Para asociarme con todos os pequenos,
quero ser libre.

Para amar a fondo á miña parella,
quero ser libre.

Para servirte coa miña familia,
quero ser libre.

Para afrontar a cruz liberadora,
quero ser libre.

Para dar a miña vida pola túa causa,
quero ser libre.

Para renunciar a todo se for preciso,
quero ser libre.

Para honrarte coa miña vida e a miña morte,
quero ser libre.

Para seguirte e ser discípulo teu,
quero ser libre.


Comentarios

Publicacións populares