Domingo 23 de Ordinario C
23º DOMINGO TEMPO ORDINARIO -
CICLO C
Primeira
Lectura Sab 9, 13-19 (gr 13-18b)
LECTURA DO LIBRO DA SABEDORÍA
Quen
se decatará do que quere o Señor?
Que home de feito poderá coñecer o
plan de Deus
ou
quen se decatará do que quere o Señor?
Abofé, os pensamentos dos mortais
son covardes
e
inseguros os nosos proxectos.
Porque o corpo corruptible pesa na
alma
e
a tenda terrestre oprime a mente cavilosa.
Se con dificultade imaxinamos o que
hai sobre a terra
e
con traballo atopamos o que está a man,
quen
pescudará o que hai no ceo?
Quen coñecerá o teu consello se ti
non lle dás sabedoría
mandando
o teu espírito santo desde o alto?
Soamente deste xeito se endereitaron
os vieiros dos terrestres,
aprenden
os homes o que é do teu gusto
e
son salvados pola Sabedoría.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 89, 3-4. 5-6. 12-13. 14 e 17
R/. (1): O
Señor é o noso agarimo ao longo das xeracións.
Ti
repós no po os mortais,
con
dicirlles: "volvede, fillos de Adán".
Mil
anos son ante ti
coma
o día de onte que pasou,
coma
unha vixilia da noite.
Ti
falos pasar, e son coma sono mañanceiro;
son
coma herba que agroma:
de
mañá florece e verdea,
á
tarde ségana e seca.
Ensínanos
a contar os nosos días,
para
que acheguemos o corazón á sabedoría.
Volve,
Señor. Por canto aínda?
Apiádate
dos teus servos.
Dános
de mañá a fartura da túa misericordia,
para
que teñamos felicidade e ledicia toda a nosa vida.
Que
a bondade do Señor, o noso Deus, sexa connosco,
que
el consolide as obras das nosas mans.
Segunda
Lectura Film 9b-10.12-17
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO A FILEMÓN
Recíbeo
non xa como un servo, senón como un benquerido irmán
Benquerido irmán:
Sen máis título que ser eu Paulo, un
vello que agora está preso por Cristo Xesús, pídoche por Onésimo, o meu fillo,
que xerei estando na cadea.
Velaí cho mando. Velaí che vai unha
parte das miñas entrañas.
Pensei en me quedar con el, para que
me axudase no teu lugar, mentres estou preso polo Evanxeo. Pero non quixen
facer nada sen contar co teu consentimento, para que non fagas este ben á
forza, senón porque che sae de dentro.
Igual por iso marchou de onda ti
algún tempo: a fin de que agora o recuperes para sempre, non xa como escravo,
senón como algo máis ca escravo: coma un irmán benquerido.
Para min é moi querido; moito máis o
vai ser para ti, como home e como cristián! Así que se me consideras un amigo,
acólleo coma a min.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Sal 118, 135
Se
non se canta, pódese omitir.
Aleluia,
aleluia.
Fai
brillar ante o teu servo a túa presenza
e
ensíname os teus mandatos.
Aleluia.
Evanxeo Lc 14, 25-33
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Quen
non renuncia a todo canto posúe, non pode ser discípulo meu
Nunha ocasión que seguía a Xesús
moita xente, volveuse a eles e díxolles:
‑ Se alguén me quere seguir e non
está disposto a romper con seu pai e con súa nai, coa muller e mais cos fillos,
cos irmáns e coas irmás, e incluso coa súa propia vida, non pode ser discípulo
meu. O que non carga coa súa cruz e me segue, non pode ser discípulo meu.
Pois quen de vós, querendo construír
unha torre, non se para a pensar no presuposto, a ver se a pode rematar? Non vaia
ser que bote os alicerces e non a dea rematado e a xente que o vexa faga riso
del, dicindo: "Este empezou a construír e non deu rematado".
Ou que rei, que sae á guerra contra
outro, non se senta primeiro a cavilar se lle chegarán dez mil homes para loitar
contra vinte mil? E, se ve que non, cando aínda o ten lonxe, mándalle unha
embaixada, pedindo condicións de paz.
Pois así, como non renunciedes a
todo o que tedes, non hai de vós quen poida ser discípulo meu.
Palabra do Señor R/.
Loámoste, Cristo
POWER POINTS
Domingo ORD C-2016Domingo ORD C-2016 Bene Pagola
* ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar
* OFERTORIO: Recibe Señor
RTVG:
Comentarios
Publicar un comentario