26 sept. 2016

Garda os mandamentos ata a chegada do Señor - 1 Tim 6, 11-16

Domingo 26 do Tpo. Ordinario - ciclo C


LÍBRAME, SEÑOR

Líbrame, Señor da cobiza:
de atarme ás riquezas, como o que se suxeita
cun cinto de seguridade ao avión que voa ao seu destino?

Líbrame, Señor e faime prudente:
que me ofreza sen esperar nada a cambio,
que esprema o mellor de min mesmo en favor dos meus irmáns,
que traballe cos dons que me deches
de maneira que me sirvan de camiño para chegar a ti.
Que sexa a miña riqueza vivir para facer a túa vontade.
Porque Ti es a miña riqueza e sen ti nada hai bo para min.

Líbrame, Señor, de toda cobiza:
a do espírito e a técnica, a da fama e o diñeiro:
ídolos que me fan orgulloso e insensible
e que, inconscientemente, esixen a súa ración diaria
de sangue e de bágoas alleas.

Líbrame, Señor, e faime prudente,
para que non che busque por interese
senón porque as túas promesas superan todas as miñas demandas;
para que che busque porque es a mellor oferta posible,
para que che queira porque sempre esperas de min o mellor,
para que  te ame porque experimento que ti me amas desde sempre.
Porque Ti es a miña riqueza e sen ti nada hai bo para min.

Líbrame, Señor, de toda cobiza:
a do brillo pasaxeiro, a da moeda de dúas caras,
a que nunca satisfai a miña ansiedade
nin enche o baleiro da transcendencia,
e que, inconscientemente, esixen a súa ración diaria
de sangue e de bágoas alleas.

Líbrame, Señor, de toda cobiza,
porque Ti es a miña riqueza e sen ti nada hai bo para min.



Isidro Lozano




No hay comentarios:

Publicar un comentario