11 sept. 2016

O Señor renunciou ao castigo co que ameazara ao seu pobo - Ex 32, 7-11. 13-14

Domingo 24 do Tpo.Ordinario - ciclo C


É DE BEN NACIDOS

«É de ben nacidos ser agradecidos».
Esta é unha certeza, Señor, entre a xente sinxela
en quen Ti te compraces, e que sabe facer realidade
no seu convivir cos demais.
Tamén nós queremos darche grazas a Ti,
Deus Pai, agora e en cada momento,
porque es o Deus presente e próximo,
o Pai que nos busca sen cesar,
e que cando nos atopa perdidos
por camiños equivocados, conmóveste,
dásnos un abrazo e pos un anel nas nosas mans.

Queremos vivir así, como fillos teus.
Porque es, Pai, o pastor que ama máis á ovella perdida,
por iso, porque anda perdida;
o Pai que sofre cando nós sufrimos;
o que non se esquece nin do fillo que volve,
nin do que está, pero non ten amor.
Es o Deus Pai do Amor gratuíto e misericordioso,
que non anda calculando os méritos de cada un.

Fai, Señor, que na túa Presenza, nos enchamos de Forza
e de ánimo para saber recoñecerte como Pai,
e recoñecer en cada persoa un irmán
querido ao que acompañar e coidar no camiño da vida.


                             Eucaristía evd



No hay comentarios:

Publicar un comentario