Fáganse oracións por tódolos homes a Deus, que quere que todos os homes se salven - 1 Tim 2, 1-8
Domingo 25 do Tpo. Ordinario - ciclo C
QUEREMOS SER FILLOS DA LUZ
O contrario
neste universo simbólico
sería ser fillos das tebras.
Ninguén
quere vivir na escuridade, ninguén quere
que a
súa vida perda o sentido último.
Pero
Ti Señor ensínasnos que debemos estar atentos.
Que
algunhas das cousas deste mundo
poden
seducir o noso corazón.
Hoxe
amósasnos o exemplo do diñeiro.
Tamén
hoxe, Señor, nos ensinas
que
non debemos ser «explotadores do pobre».
As
palabras do profeta Amós resultan fortes.
Axúdanos
xa que logo a pasar por esta vida
sen
facer dano nunca a ninguén,
sen
aproveitarnos de ninguén.
Sen
pensar que somos máis importantes que outros
polo
simple feito de ter unha seguridade material.
Como
«fillos da Luz» pídesnos Señor
que
tampouco sexamos inxenuos.
Que
sexamos rápidos, sagaces sempre para o ben.
Ser
cristián non é sinónimo de apoucado.
Dános
a forza do teu Espírito para que poidamos levar
todas
estas ensinanzas á nosa vida.
Non
permitas que nada nin ninguén roube o posto
que
Ti te mereces nos nosos corazóns.
Grazas
Señor por todo o que nos deches.
Comentarios
Publicar un comentario