Contra aqueles que teñen sometidos polo diñeiro ós necesitados - Am 8, 4-7
Domingo 25 do Tpo. Ordinario - ciclo C
SEÑOR, DÓECHE
QUE
OS FILLOS DAS TEBRAS
Señor, dóeche que os fillos das tebras
sexan máis espelidos que os da luz.
A avergóñaste de que xustifiquemos
as nosas torpezas acudindo ao teu amor.
Entristéceche a nosa falta de risco,
porque apostaches por nós sen control.
Sorpréndeste de que nos escudemos na túa
vontade
para apoiar as nosas simplezas.
Fírete a nosa falla de responsabilidade
que busca refuxio na túa confianza.
Dáche risa tanta seriedade
que non revela nin cuestiona nada.
Arrepíate que nolas demos de perfectos diante
da xente
e que sexamos "crebafolgas" dos teu
plans.
Aflíxeste de que sexamos tan beatos, tan
farsantes,
que aproveitemos os inxustos cartos
para comprar ás persoas, e que sexamos tan
pouco claros
e honrados nos negocios que traemos entre
mans,
Pai bo e paciente,
infúndenos de novo o
espírito do teu amor.
Comentarios
Publicar un comentario