INICIO DE CURSO 2016-2017
Hai algúns anos, en Seattle, celebráronse as Olimpíadas para persoas con discapacidade, tamén chamadas "Olimpíadas Paralímpicas".
Nove participantes aliñáronse para a saída na carreira dos cen metros lisos. Ao dar o sinal, todos partiron. Non exactamente disparados, pero si con desexos de dar o mellor de si mesmos, terminar a carreira e gañar o premio.
Todos, agás un rapaz que tropezou no chan, caeu rodando e comezou a chorar... Os outros oito, escoitaron o pranto, diminuíron o paso e miraron cara atrás. Viron ao rapaz no chan, detivéronse e regresaron... TODOS!.
Un dos rapaces axeonllouse, deulle un abrazo e díxolle:
"Listo, agora vas gañar".
E todos, os nove competidores entrelazaron os brazos e camiñaron xuntos ata a liña de chegada.
O estadio enteiro púxose en pé e nese momento non había un par de ollos secos. Os aplausos duraron moitos minutos.
As persoas que estaban alí aquel día,
repiten e repiten esa historia ata hoxe.
Por que?
Porque, no fondo,
todos sabemos que o que importa nesta vida,
máis que gañar,
é axudar aos demais para vencer.
FELIZ INICIO DE CURSO,
COMEZA A NOSA CARREIRA!!
Comentarios
Publicar un comentario