NOTA DA CONFERENCIA EPISCOPAL SOBRE AS MIGRACIÓNS

Nota da CE de Migracións ante o cume das Nacións Unidas sobre Refuxiados e Migrantes
TOMADO DE:http://www.conferenciaepiscopal.es/


As organizacións eclesiais Cáritas, CONFER e Xustiza e Paz sumáronse  ao chamamento conxunto que Caritas Internationalis e o Servizo Xesuíta a Refuxiados dirixiron aos líderes de todo o mundo que van participar o 19 de setembro, en Nova York, nun Cume das Nacións Unidas sobre Refuxiados e Migrantes.

A Comisión Episcopal de Migracións únese ao chamamento destas organizacións pedindo que as deliberacións do citado Cume se traduzan en acordos efectivos, que velen por un recoñecemento, acollida, trato e protección o máis dignos posibles en favor dos emigrantes e refuxiados.Como manifestabamos ante a Xornada Mundial de Migracións do pasado 17 de xaneiro, así como na Nota do pasado 8 de marzo, non debemos de esquecer que "detrás destes fluxos migratorios, en continuo aumento, está sempre a inhumanidade dun sistema económico inxusto no que prevalece o lucro sobre a dignidade da persoa e o ben común; ou a violencia e a ruína que xera a guerra, a persecución ou a fame".

Tamén habemos de lembrar, ante as medidas de devolucións sumarias nas nosas fronteiras nestes días, o pronunciado á mantenta da Xornada Mundial do Emigrante e do Refuxiado 2015. Na devandita Mensaxe ademais de mostrar a tristeza cando nos chegan noticias como as devolucións sumarias adheriámonos "á denuncia contra calquera actuación en que non se teñan en conta os dereitos humanos". E pediamos que se cumprisen os tratados internacionais e se verificase "polo menos, se as persoas puidesen ser acredoras do asilo político, ser vítimas da trata´ ou necesitadas de asistencia sanitaria urxente".

O Santo Evanxeo -"fun forasteiro e acolléstesme" (Mt 25, 35 )-, a consecuente Doutrina Social da Igrexa, as reiteradas chamadas do Papa Francisco,  as recentes orientacións da Conferencia Episcopal Española, contidas na Instrución Pastoral "Igrexa, servidora dos pobres" (24 de abril de 2015), así como a liña mantida por esta mesma Comisión estimúlannos a seguir traballando en favor dos emigrantes e refuxiados e a pedir ás autoridades pertinentes "ser xenerosas na acollida e na cooperación cos países de orixe en orde a lograr unhas sociedades máis humanas e máis xustas".




Madrid, 19 de setembro de 2016

Os Bispos da Comisión Episcopal de Migracións



Comentarios

Publicacións populares