Domingo 25 de Ordinario C

DOMINGO XXV ORDINARIO -  CICLO C


Primeira Lectura     Am 8, 4-7
LECTURA DO LIBRO DE AMÓS
Contra aqueles que teñen sometidos polo diñeiro ós necesitados
  
            Escoitade isto, vós que asoballades o pobre
e exterminades a xente humilde do país;
vós que dicides:
            "¿Cando pasará o festivo da lúa nova para vendermos o trigo
e o sábado para fornecer o gran
traficando ata co farelo,
para mermar a medida,
aumentar o prezo
e defraudar con balanza falsa,
para mercarmos por diñeiro o mendigo
e o pobre pola débeda dun par de sandalias?"
            Xura o Señor pola soberbia de Xacob:
            "Endexamais esquecerei os seus delitos.

Palabra do Señor


SALMO RESPONSORIAL     Sal 112, 1-2. 4-6. 7-8
R/. (cf. 1a e 7b): Loade o Señor, que levanta os pobres.
Ou: Aleluia.

Loade, servos do Señor,
loade o nome do Señor.
Bendito sexa o nome do Señor,
agora e por sempre.

Sobre tódolos pobos é excelso o Señor,
sobre o ceo a súa gloria.
¿Quen se compara ó Señor, noso Deus,
que habita nas alturas
e se inclina para mirar
polo ceo e pola terra?

El ergue do po os indixentes,
levanta da varredura os pobres,
para lles dar asento cos príncipes,
cos príncipes do seu pobo.


Segunda Lectura     1 Tim 2, 1-8
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO A TIMOTEO
Fáganse oracións por tódolos homes a Deus, que quere que todos os homes se salven
  
            Benquerido irmán:
            Rogo primeiro de todo que se fagan peticións, oracións, súplicas, accións de grazas en favor de toda a xente, polos reis e por tódolos que ocupan altos cargos, para que poidamos ter unha vida calma e serena baseada na piedade e na decencia.
            Isto é fermoso e grato a Deus noso Salvador. El quere que tódolos homes se salven e cheguen ó coñecemento da verdade.
            Porque hai un único Deus e un único mediador entre Deus e os homes: o home Cristo Xesús, que se entregou como rescate por todos.
            Tal é o testemuño dado no tempo oportuno. A min fíxome o seu pregoeiro e apóstolo ‑ digo a verdade e non minto ‑, mestre dos xentís na fe e na verdade.
            Por iso quero que en tódolos sitios recen os homes levantando as mans limpas, sen ira nin discusións.

Palabra do Señor



ALELUIA     2 Cor 8, 9
Se non se canta, pódese omitir

Aleluia, aleluia.
Xesús Cristo fíxose pobre sendo rico,
para que vós vos fixésedes ricos coa súa pobreza.
Aleluia.


Evanxeo     Lc 16, 1-13 (longa)
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Non podedes servir a Deus e á riqueza




POWER POINTS
Domingo 25 ORD C-2016


CANTO GOZOSO (Remol)

ENTRADA: Camiñando pola vida 

LECTURAS: A túa palabra 

OFERTORIO: Eu soñei 

COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas



TVG:

Comentarios

Publicacións populares