26 sept. 2016

Será extirpada a facción dos nugalláns - Am 6, 1a. 4-7

Domingo 26 do Tpo. Ordinario - ciclo C


AÍNDA ME PREGUNTO, SEÑOR

Aínda me pregunto, Señor,
se esa máscara que protexe a miña imaxe
saltará en mil pedazos
e terei o valor de mostrar o meu verdadeiro rostro
o que ti pensaches para min desde sempre.

Aínda me pregunto, Señor,
se a gaiola que protexe o meu corazón
un día quedará feita cachizas
e terei o valor de confiar nas túas promesas,
encherme de esperanza
e amar aos meus irmáns sen condicións nin límites.

Aínda me pregunto, Señor,
se o fío solto da madeixa que a miña vida
será capaz de coser de novo a miña historia feita pedazos,
e unir o meu pasado para non esquecer o que fun,
co meu presente para ser consciente do que son
e co meu futuro para celebrar que a miña vida,
tecida co fío da túa Palabra,
é un proxecto de vida eterna.

Aínda me pregunto, Señor,
se esa pequena luz depositada na miña alma,
será capaz de rasgar como un lóstrego
a escuridade do meu interior
e de iluminalo ata facerme ver a presenza que o habita:
a túa presenza, Pai, que me amas.

Aínda me pregunto, Señor,
se ese perfume de misericordia que puxeches nas miñas entrañas
romperá en mil pedazos o envoltorio da miña indiferenza:
que deixe de pensar que todos viven igual que eu,
que faga posible que as miñas mans pechadas 
aprendan a ofrecer e a dar,
que os meus ollos non sigan ebrios só polo fulgor do que se me vai
e que o meu corazón, apresado no aroma da túa voz,
aprenda a soñar, Señor, que ti o ves?

Aínda me pregunto, Señor,?
porque estou cheo de preguntas, o meu Deus.

Isidro Lozano


No hay comentarios:

Publicar un comentario