8 may. 2016

Sentouno á súa dereita no ceo - Ef 1, 17-23

Domingo 7 de Pascua C - Ascensión do Señor C


SAÍDE, AMIGOS E AMIGAS

 Marchade sen medo.
 Vós sodes as miñas testemuñas no medio do mundo.
 Saíde, amigos e amigas! Marchade sen medo.
 Sede expresión da tenrura do Deus da vida.
 Tenrura no voso rostro, tenrura nos vosos ollos,
 tenrura no voso sorriso, tenrura nas vosas palabras,
 tenrura nas vosas obras, tenrura na vosa loita.

Saíde, amigos e amigas! Marchade sen medo.
 Espéranvos fóra cidadáns e veciños.
 Vós sodes as miñas mans para construír un mundo novo
 de fraternidade, liberdade e xustiza.
 Vós sodes os meus beizos para anunciar a pobres e marxinados
 a boa noticia da liberdade e a abundancia.
 Vós sodes os meus pés para acudir á beira das persoas
 que necesitan xestos de ánimo e palabras de ben.
 Vós sodes a miña paixón
 para facerme crible nas vosas casas e cidades
 e lograr que nenos e adultos vivan como irmáns.
 Vós sodes o meu avanzada
 para lograr a primavera do Reino
 e ofrecer as primicias aos que máis o necesitan.

Saíde, amigos e amigas! Marchade sen medo.
 Derramade por todas as partes tenrura e vida.
 Saíde, amigos e amigas! Marchade sen medo.
 Mirade toda esa multitude que vos espera.
 Marchade con alegría.
 Eu acompáñovos todos os días!
           

Florentino Ulibarri 



No hay comentarios:

Publicar un comentario