Cantas veces comedes e bebedes, anunciades a morte do Señor - 1 Cor 11, 23-26

Corpus Christi - ciclo C


PREGARIA:  ADORACIÓN

Adórote, Xesús, porque escolliches
o pan, que é manxar de cada día,
para fartarnos de ti, da túa vida,
e facerte para nós Eucaristía.

Adoro o teu Corpo e o teu Sangue,
ofrenda dun amor sacrificado,
no que eu cos irmáns cabo de min
me vexo en Deus tan ben reconciliado.

Adórote, Xesús, agradecido,
porque chegas ao fondo do meu ser
para bateres coas miñas indixencias
e ateigalas co teu forte querer.

Adórote, Xesús, cando me chamas
e me invitas á solidariedade
cos pobres desta terra onde ti esixes
unha pronta e real fraternidade.

Adórote, Xesús, en cada pobre,
e nas miñas pobrezas permanentes
onde ti, camiño, verdade e vida
te fas para o noso ben sempre presente.

Comentarios

Publicacións populares