Decidimos, o Espírito Santo e mais nós, non vos impoñer máis cargas cás precisas - Feit 15, 1-2. 22-29
Domingo 6 de Pascua - ciclo C
SEDE FELICES CON OUSADÍA
Sede felices,
porque a miseria pode ser vencida
e a fame deixar
de ser pesadelo.
O Reino xermola
cando se comparte con ledicia!
Sede felices,
porque a felicidade é o único
que necesitan a xustiza e a tenrura
para atravesar as noites escuras
e crear unha
humanidade nova.
Sede felices,
pois para iso nacestes
e recibistes o
Espírito,
e Eu comprometinme
convosco
ata o límite.
Sede felices... e que se note!
Florentino Ulibarri
Comentarios
Publicar un comentario