A todos nos bautizaron nun único Espírito, para formarmos un único corpo - 1 Cor 12, 3b-7. 12-13
Domingo de Pentecoste - ciclo C
COIDA
DA COMUNIDADE
Na
comunidade, na veciñanza, na Igrexa,
mima
os teus irmáns.
Que
non saian da túa boca nin do teu corazón
palabras
acedas
Se
tes que corrixir,
corrixe.
Se
tes que denunciar,
denuncia.
Se
tes que mostrar o teu desacordo,
mostra
o teu desacordo
diante
de quen cho produce.
Pero
que a sombra da
aldraxe
e da amargura
non
quiten vigor e curación.
á
túa palabra de irmán.
Vela
o teu corazón día e noite,
mira
os teus irmáns e veciños;
que
non haxa en ti nada
que
lles roube a paz e a ilusión e a alegría...
Fai
deste esforzo diario de fraternidade
o
acto principal do teu culto cristián a Deus.
Non
ouses facer comuñón con Deus
se
o teu corazón está enfrontado
co
do teu irmán por culpa túa.
Ama
e coida a túa comunidade,
a
túa veciñanza, a túa Igrexa.
Comentarios
Publicar un comentario