Quedaron cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar - Feit 2, 1-11
Domingo de Pentecoste - ciclo C
RECIBIDE O ESPÍRITO SANTO
Xesús, ti dásme o teu Espírito
e eu quero recibilo tamén.
Quero que me penetre ben fondo
ata o lugar onde aniñan e xorden todas
as miñas palabras, pensamentos e decisións.
Quero o teu Espírito, Xesús,
para gobernar en xustiza e verdade
toda esta miña vida pequena.
Quero o teu Espírito, Xesús,
para afrontar a vida familiar
coa miña comunidade parroquial
ou familiar: coa miña muller,
ou co meu home, e cos meus fillos.
Quero o teu Espírito, Xesús,
para ser fiel no traballo,
sen falcatruadas, nin trampas, nin abusos.
Quero o teu Espírito, Xesús,
para dedicar con ilusión parte do meu tempo,
das miñas ansias, dos meus cartos
en servizo dos demais, da comunidade.
Quero o teu Espírito, Xesús,
para andar pola vida sempre
con paz e con alegría,
con decisión e con limpeza,
e con moita solidariedade.
Quero o teu Espírito, Xesús,
para sentir o agarimo de Deus moi dentro de
min
e podelo compartir cos demais
en formas de amor responsable e real.
Ti dáme o teu Espírito, Xesús,
e canto desexo eu verme asolagado nel!
Comentarios
Publicar un comentario