Icono da Inmaculada Xove na nosa diocese
Na semana do 16 ao 22 de maio,
a nosa Diocese acollerá a imaxe da
"Inmaculada Xove" un cadro coa imaxe da Virxe María, que foi
encargado polo Departamento de Mocidade da Conferencia Episcopal a Sor Isabel
Guerra, e que pretende ser un signo de comuñón para os mozos de España.
Despois de percorrer moitas dioceses, e
en camiño á Xornada Mundial da Mocidade de Cracovia, a Imaxe quere ser, neste
ano da Misericordia, manifestación da protección materna de María cara aos máis
necesitados e á súa vez, presenza que anime aos nosos mozos, a participar na
próxima Xornada Mundial da Mocidade. Informar o percorrido da imaxe na nosa
Diocese para que llo comuniques aos teus mozos e así eles, poidan participar
nalgunha das actividades propostas para esa semana.
Percorrido
da Imaxe na nosa Diocese:
Luns
16: Benvida na Franqueira (Pascuillas)
Martes 17: Os internos do Centro Penitenciario
da Lama, peregrinarán desde A Lamosa ata A Franqueira para gañar o Xubileu e
visitar a Imaxe. Pola tarde, a Imaxe visitará aos anciáns da Residencia Sta.
Marta (Vigo). Misa ás 19 hrs.
Mércores
18: Visita á Parroquia de Sta. María da Guarda (10 hrs), logo visitará o
Colexio dos P.P. Somascos e das das I.I. Carmelitas Vedrunas (13 hrs). Ás 17
hrs visita á cidade de Tui: Seminario, Catedral, H.H. Clarisas e asilo de
anciáns.
Xoves
19: Visita á zona de Teis: visita á Curia e á residencia sacerdotal, Fogar
Sta. Isabel e Colexio S. Xosé da Guía. Pola tarde, ás 15:30 h, visita ao
colexio de S. Xosé de Cluny e ás 18 h. recepción no Seminario Maior S. Xosé de
Vigo e rezo de Vésperas ás 20 hrs.
Venres
20: Visita ao hospital Álvaro Cunqueiro. Misa cos enfermos ás 11 h. Pola
tarde vixilia na parroquia de Santa María de Porriño ás 20:30 h.
Sábado
21: Visita ao Mosteiro de Trasmañó ás 10 h. Visita ao Convento das Salesas
ás 16 hrs e ás 21 h. vixilia mariana na Parroquia - Santuario de Mª
Auxiliadora.
Domingo
22: Despedida da Imaxe na Parroquia da Inmaculada de Vigo en Misa de 12.
Agradecendo a túa colaboración, non deixes de poñerte en
contacto comigo (606 66 77 77) para calquera dúbida ou aclaración.
Unha forte aperta
Alberto Montes Rajoy
Delegado
de Pastoral Xuvenil
Comentarios
Publicar un comentario