Elevouse á vista deles - Feit 1, 1-11
Domingo 7 de Pascua C - Ascensión do Señor C
TESTEMUÑAS DE XESÚS
Meu Deus, meu Deus,
a ti chego coa miña pregarias nas mans,
unha vez máis,
porque sei que sempre me amas e me acolles.
Alédame e dóeme
este mundo que nos deixaches nas mans,
tan fermoso e tan cruel ao mesmo tempo,
tan cheo da túa presenza
e tan castigado pola túa ausencia.
Alédame poder contemplar cada día
a innumerable ringleira de testemuñas túas,
que dentro das comunidades cristiás e fóra
delas
dan fe da fraternidade con firmeza
e demostran en feitos convincentes.
Alédame tamén a vida sinxela dos pequenos
que aman o ben e a xustiza
e que a viven cada día
sen orgullos min vanglorias.
Dóeme en cambio este mundo meu
porque está roto a todos os xeitos,
no seu corpo e na súa alma
e porque quen as pagan sempre son os pobres.
No medio deste mundo
coa túa axuda, co Espírito que vén de ti,
quero ser testemuña túa e das túas causas,
quero ser para todos os demais
unha sinxela e clara proba
do teu amor que nos libera.
Comentarios
Publicar un comentario