29 may. 2016

Ofreceu pan e viño - Xén 14, 18-20

Corpus Christi - ciclo C


O PAN É UN DEREITO

O pan é un dereito, porque é vida,
o primeiro de todos os dereitos
Sen pan, de que serven os ideais,
declaracións de principios belos?

O pan é vida e liberdade, é graza,
o pan é para todos, di Deus,
o pan non é meu, o pan non é teu, é noso.

Se non dás pan, condenas o irmán,
matas, deixas morrer, son tantos mortos!

O pan que a ti che sobra está amasado
con sangue de inxustiza e con veleno.
Non lle roubes o pan ao miserable,
non é teu o pan que gardas, é alleo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario