Mostroume a santa cidade que descendía do ceo - Feit 15, 1-2. 22-29
Domingo 6 de Pascua - ciclo C
LUZ DE
PASCUA
No último domingo de Pascua
seguímonos enchendo da túa Luz, Señor
resucitado.
Queremos vivir sempre en e con esta Luz,
porque a vida é fráxil, e adoitámola encher de
escuridade.
Actuamos, traballamos ... , pero con
frecuencia
non somos reflexo de amor nin de luz.
E así queremos facer só a nosa casa,
a nosa familia, o noso grupo,
alleos a todo o que sexa romper seguridades
baleiras
e axudar a outros a descubrir a túa entrega agarimosa.
Que deamos froitos, Señor.
Que sexamos creadores de fraternidade e de
ben.
Que sexamos os primeiros no esforzo
e na valentía para crear relación, apertura e
vida.
Que a casa común que Ti queres crear
sexa o centro dos nosos esforzos e esperanzas.
Que todos os teus fillos poidamos vivir con sinxeleza
e entrega.
E que para facer todo isto posible,
nunca nos falte o teu Espírito, Señor.
Fainos misericordia e tenrura, Pai,
como Ti es para todos Misericordia e Amor.
Eucaristía evd
Comentarios
Publicar un comentario