Pregaria ao comezar o novo curso


O RELOXO DE DEUS



Señor, ao comezar este novo curso
pídoche que me regales un novo reloxo ...
Non, non, nin dixital nin a pilas nin a corda,
quero un moi especial, quero o teu reloxo.

Un reloxo que non marque as horas que me quedan
nin os días que faltan para o fin de semana ...
Un reloxo que marque só e exclusivamente
segundos, instantes, oportunidades para facer o ben.

Un reloxo que se pare cando alguén entre en apuros,
que se adiante para ver as necesidades do outro
e que se atrase para pedir perdón ...
Un reloxo de pulseira ou de parede?
Non; moito mellor; de corazón.

Un reloxo en cuxos números aparezan nomes:
Breixo, Antía, Pedro, Uxía, Beatriz ...
Nomes e máis nomes de amigos, de compañeiros,
de irmáns que Ti, Señor, cada día pos no meu camiño.

Un reloxo cuxas agullas acariñen, abracen, sirvan,
axuden, perdoen, escoiten, compartan ...
e en cuxa esfera apareza o teu rostro de Pai
e de amigo e de compañeiro de clase,
de xogos ou de botellón.

Un reloxo cun gran espertador
que esperte a miña conciencia e a miña indiferenza,
e que me recorde levantarme cando me caia
e poñerme en camiño cando me deteña.

Un reloxo con cronómetro incorporado,  
non para poñerme en tensión, angustiarme ou deprimirme,
senón para aproveitar a tope cada día que Ti me regalas,
cada segundo que Ti convertes nun novo reto,
nunha nova oportunidade.

Señor, ao comezar este novo curso
póñome o meu novo reloxo. O teu reloxo!
Bendí cada unha das horas, minutos e segundos
Que vou pasar, cóbado con cóbado,
e corazón con corazón, ao teu lado.

                                                                                            J.M. de Palazuelo


PD:  Ao longo deste curso. cando na túa vida se faga de noite e cando os problemas escurezan o teu corazón, non esquezas pulsar a luz. Recorda: “Eu son  luz do mundo. O que me siga non camiñará ás 
escuras senón que terá a luz da vida”.

VER TAMÉN: http://xanostesaqui.blogspot.com.es/2012/09/oracion-principio-de-curso.html

POWER POINT : Educar - Rubem Alves




Comentarios

Publicacións populares