Ficha de S. Mateo, apóstolo e evanxelista - 21 de setembro
Mateo foi un dos
doce apóstolos de Xesús. Chamábase Leví, e era fillo de Alfeo. O seu oficio era
o de recadador de impostos, un cargo moi odiado polos xudeus, porque eses
impostos colleitábanse para unha nación estranxeira. Exercía o seu oficio en
Cafarnaúm, a beiras do lago de Xenesaret.
Un día, estando
el exercendo o seu oficio, atopouse con Xesús que o chamou a seguilo. Mateo
aceptou sen máis a invitación de Xesús e renunciando ao seu emprego deixouno
todo e foise con el, converténdose no seu discípulo e apóstolo.
Desde entón Mateo
estivo sempre á beira de Xesús. Presenciou os seus milagres, escoitou os seus
sabios sermóns e colaboroulle predicando e catequizando polos pobos e
organizando as multitudes que os seguían ansiosas de ouvir ao gran profeta de
Nazaret.
En Pentecostés
recibe o Espírito Santo en forma de linguas de lume, e logo diso foi enviado a
predicar a Xudea, onde realizou moitos milagres. Tamén evanxelizou Etiopía,
onde resucitou ao fillo do rei Eglippo e curou da lepra á súa irmá. Nesas
terras morreu martirizado.
É o autor do
Evanxeo de San Mateo, onde recolle as memorias da vida de Xesús. Este evanxeo
foi escrito especialmente para os xudeus que se convertían ao cristianismo, e
por iso foi redactado no idioma deles, o arameo.
DEBUXOS E RESUMO ADAPTADOS DE:
Comentarios
Publicar un comentario