O Señor foi o noso agarimo ó longo das xeracións - Salmo 89

Domingo 23 de Ordinario -ciclo C



A DITA DE SER POBRE

Grazas, Pai,
porque eu son pobre, e camiñas canda min,
ao meu paso, colléndome da man,
para que eu non canse e poida chegar lonxe.

Grazas, Pai,
porque vés a diario á miña casa,
porque comes na miña mesa, porque falas comigo,
porque con gusto pasas o tempo cabo de min.
Grazas, Pai, porque me queres.

Grazas, Pai,
porque pos a confianza en min,
porque esperas moito en min, porque soñas comigo
e co día de mañá que xuntos imos facendo novo.

Grazas, Pai,
porque formo parte dunha comunidade de pobres,
porque son amigo dos pobres,
porque as nosas casas son comúns,
e os nosos cartas tamén,
e a nasa roupa, e a nosa fala,
e os nosos espíritos.

Grazas, Pai,
porque gozo con eles, porque sufro e amo con eles,
porque confío neles, o mesmo que ti confías en min.
Grazas, Pai,
porque o día de mañá é dos pobres,
e o teu Reino tamén. 


Comentarios

Publicacións populares