Quen se exalta será humillado e quen se humilla será exaltado - Lc 14, 1.7-14
Domingo 22 de Ordinario - ciclo C
FELICES OS ÚLTIMOS!
Douche grazas, Pai,
por escolleres o último,
por arrimarte ao pequeno,
por facer vida co pobre e co marxinado.
Douche grazas por Xesús,
o máis pequeno, pobre e marxinado de todos,
o máis último de todos:
por El a vida abríusenos a todos
nun espléndido amencer de luz e de xustiza.
Douche grazas por todos os últimos
que manteñen acesa a esperanza dun cambio:
nas súas mans miúdas
puxeches a chave do día da irmandade.
Douche grazas polos irmáns pobres
da nosa mesma comunidade,
polos marxinados que nos visitan,
polos abatidos, polos fracasados.
Douche grazas por poñeres en min
unha sede grande de ser pequeno cos pequenos,
de ser pobre cos pobres,
de ser último cos últimos.
Douche grazas porque son feliz;
co meu corazón humillado
no medio dos últimos convidados por ti.
Comentarios
Publicar un comentario