Levantareime e irei onda meu pai - Salmo 50
Domingo 24 Ordinario - ciclo C
O DEUS DE XESÚS
Postos a facer imaxes
de como é Deus co perdido,
púxonos diante Xesús
a dun pastor aflixido,
que cruza montes e vales
buscando con grande présa
a ovelliña aparvada
que no monte se perdera.
E logo que deu con ela,
volve cheo de contento,
coa súa ovelliña ao lombo,
cansado, sen moito alento,
mais tan cheo de ledicia,
que fai no barrio unha festa
para celebrar a presenza
da ovelliña que perdera.
Deste Deus falou Xesús,
este é o Deus dos cristiáns:
un Deus que acolle os ruíns,
que come a gusto cos malos.
Postos a facer imaxes
de como é Deus coa perdida.
púxonos diante Xesús
a da muller aflixida,
que acende as luces axiña
e barre a casiña enteira
buscando con moito tino
a moeda que perdera.
Comentarios
Publicar un comentario