Comezo das clases
ESPERANZA
(Emilio
Díaz Muñoz, Secretario Escuelas Católicas de Madrid)
Levamos cinco ou seis
anos nos que a palabra "crise" está tendo un éxito impensable... Temos
escoitado, lido e escrito acepcións do máis variado sobre o seu significado; e
a realidade, que sempre supera á literatura, proporcionounos significados nunca
antes imaxinados. Por iso xa é hora de pasar páxina, de abandonar a palabra crise como trending topic, e de elevar ao Olimpo do
éxito a outras palabras que nos transmitan ilusión no futuro e ganas por facer
un mundo mellor.
Queremos propoñer que a palabra de moda do curso 2013/2014 sexa ESPERANZA:
ESPERANZA en que os gobernantes entendan que a liberdade de educación é un ben consagrado pola Constitución Española e que na súa interpretación non poden primar só os seus intereses políticos, sempre reducionistas, senón o ben de todos os cidadáns.
ESPERANZA porque somos moitos os que remamos na mesma dirección, co horizonte de facer que a educación sexa o verdadeiro motor da construción dunha sociedade máis xusta, con persoas máis felices e co futuro aberto, aínda que non falto de incertezas.
ESPERANZA porque cando se pecha unha porta nalgún lugar se abren outras fiestras de oportunidade que hai que buscar e aproveitar…; aínda que sexa dura a espera ata que se encontran as novas oportunidades, sabemos que existen e non imos a esmorecer no empeño de buscalas.
ESPERANZA porque só hai que repasar superficialmente a biografía da maior parte dos Fundadores/as das Institucións que conforman Escolas Católicas para darse conta de que no pasado houbo tempos peores, moito peores, dos que saíron propostas innovadoras e frutíferas.
ESPERANZA porque, vós mellor ca min, sabedes que educades nenos e adolescentes para un mundo que aínda non existe. E non por iso tirades a toalla como unha tarefa imposible, senón que iso mesmo vos motiva para buscar cada día a palabra axeitada, o xesto significativo e a pregunta intelixente.
ESPERANZA porque temos un excelente produto, o mellor de todos os tempos, o que nunca perde vixencia nin pasa de moda: o mandamento do AMOR fraternal e universal que Xesús de Nazaré nos deixou.
Di Joaquín Sabina, poeta urbano e madrileño de adopción, nunha rexión onde ninguén é forasteiro, que a ESPERANZA é nome de muller, como liberdade, como aurora... como María educadora en Nazaré e modelo de Fe, Traballo e ESPERANZA.
Deséxovos un feliz curso 2013/2014 a todos os que desde as distintas funcións dun colexio (a docencia, a dirección, a limpeza e o mantemento, os labores burocráticas ... ) facedes que a tarefa de educar sexa moito máis que un traballo, sexa:
A
ESPERANZA DUN MUNDO MELLOR!
Comentarios
Publicar un comentario