Reflexión sobre O Credo no Ano da fe - O Espírito Santo e a Igrexa
Creo no Espírito Santo
“Espírito Santo”, tal é o nome propio daquel
que adoramos e glorificamos co Pai e o Fillo. O termo “Espírito” traduce o
termo hebreo Ruah, que na súa primeira acepción significa sopro, aire, vento.
«Aquel a o que o Pai enviou aos nosos
corazóns, o Espírito do seu Fillo (cf. Ga 4, 6) é realmente Deus.
Consubstancial co Pai e o Fillo, é inseparable deles, tanto na vida íntima da
Trindade como no seu don de amor para o mundo. Pero ao adorar á Santísima
Trindade vivificante, consubstancial e indivisible, a fe da Igrexa profesa
tamén a distinción das Persoas. Cando o Pai envía o seu Verbo, envía tamén o
seu Alento: misión conxunta na que o Fillo e o Espírito Santo son distintos
pero inseparables. Sen ningunha dúbida, Cristo é quen se manifesta, Imaxe
visible de Deus invisible, pero é o Espírito Santo quen o revela». (Art. 689
CIC)
«”Deus é Amor”. Este amor “Deus derramouno nos
nosos corazóns polo Espírito Santo que nos foi dado”. O primeiro efecto do don
do Amor é a remisión dos nosos pecados. A comuñón co Espírito Santo é a que, na
Igrexa, volve dar aos bautizados a semellanza divina perdida polo pecado.
Creo na Santa Igrexa católica
«Cristo é a luz dos pobos. Por iso, este
sacrosanto Sínodo, reunido no Espírito Santo, desexa vehementemente iluminar a
todos os homes coa luz de Cristo, que resplandece sobre o rostro da Igrexa (LG
1), anunciando o Evanxeo a todas as criaturas.»
Con estas palabras comeza a “Constitución
dogmática sobre a Igrexa” do Concilio Vaticano II. Así, o Concilio, mostra que
o artigo da fe sobre a Igrexa depende enteiramente dos artigos que se refiren a
Cristo Xesús. A Igrexa non ten outra luz que a de Cristo; ela é, segundo unha
imaxe predilecta dos Pais da Igrexa, comparable á lúa cuxa luz é reflexo do
sol». (Art 748 CIC)
«Crer que a Igrexa é “Santa”e “Católica”, e
que é “Unha” e “Apostólica” (como engade o Símbolo Niceno-Constantinopolitano)
é inseparable da fe en Deus, Pai, Fillo e Espírito Santo. No Símbolo dos
Apóstolos, facemos profesión de crer que existe unha Igrexa Santa (Credo [...]
Ecclesiam), e non de crer na Igrexa para non confundir a Deus coas súas obras e
para atribuír claramente á bondade de Deus todos os dons que puxo na súa Igrexa
(cf. Catecismo Romano, 1, 10, 22)». (Art 750 CIC)
Creo na comuñón dos santos
Despois de confesar “a Santa Igrexa católica”,
o símbolo dos apóstolos engade “a comuñón dos santos”. Este artigo é, en certo
xeito, unha explicitación do anterior: Que é a Igrexa, senón a asemblea de
todos os santos? A comuñón dos santos é precisamente a Igrexa.
Así mesmo, «ata que o Señor veña no seu
esplendor con todos os seus anxos e, destruída a morte, teña sometido todo, os
seus discípulos peregrinan, uns na terra; outros, xa defuntos, se purifican;
mentres outros están glorificados, contemplando “claramente a Deus mesmo, un e
trino, tal cal é”. Pois todos eles, os que son de Cristo, que teñen o seu
Espírito, forman unha mesma Igrexa e están unidos entre si en El».
Pablo VIN resumiuno moi ben no “Credo do Pobo
de Deus”: «Cremos na comuñón de todos os fieis cristiáns, é dicir, dos que
peregrinan na terra, dos que se purifican despois de mortos e dos que gozan da
bienaventuranza celeste, e que todos se unen nunha soa Igrexa; e cremos
igualmente que nesa comuñón está á nosa disposición o amor misericordioso de
Deus e dos seus santos, que sempre ofrecen oídos atentos ás nosas oracións».
Creo no perdón dos pecados
«O Símbolo dos Apóstolos vincula a fe no
perdón dos pecados á fe no Espírito Santo, pero tamén á fe na Igrexa e na
comuñón dos santos. Ao dar o Espírito Santo aos seus Apóstolos, Cristo
resucitado conferiulles o seu propio poder divino de perdoar os pecados: “Recibide
o Espírito Santo. A quen perdoedes os pecados, quedan perdoados; a quen llos
reteñades, quedan retidos” (Xn 20, 22-23)». (Art 976 CIC)
O noso Señor vinculou o perdón dos pecados á
fe e ao Bautismo: “Ide por todo o mundo e proclamade a Boa Nova a toda a
creación. O que crea e sexa bautizado salvarase.” (Mc 16, 15-16). O Bautismo é
o primeiro e principal sacramento do perdón dos pecados. Con todo, a graza do
Bautismo non libra á persoa de todas as debilidades da natureza. Ao contrario
[...] aínda nós temos que combater os movementos da concupiscencia. Por medio
do sacramento da Penitencia, o bautizado pode reconciliarse con Deus e coa
Igrexa.
Non hai ningunha falta por grave que sexa que
a Igrexa non poida perdoar. “Non hai ninguén, tan perverso e tan culpable que,
se verdadeiramente está arrepentido dos seus pecados, non poida contar coa
esperanza certa de perdón”.
Creo na vida eterna
O catecismo afirma que «Cada home, despois de
morrer, recibe na súa alma inmortal a súa retribución eterna nun xuízo
particular que refire a súa vida a Cristo», ben a través dunha purificación
(Purgatorio), ben para entrar inmediatamente na benaventuranza do Ceo; ben para
condenarse inmediatamente para sempre (Inferno)».
«Ao fin dos tempos o Reino de Deus chegará á
súa plenitude. Despois do Xuízo final, os xustos reinarán para sempre con
Cristo, glorificados en corpo e alma, e o mesmo universo será renovado: A
Igrexa [...] «só chegará á súa perfección na gloria do ceo [...] cando chegue o
tempo da restauración universal e cando, coa humanidade, tamén o universo
enteiro, que está intimamente unido ao home e que alcanza a súa meta a través
do home, quede perfectamente renovado en Cristo» (LG 48)». (Art 1042 CIC)
«A sacra Escritura chama “ceos novos e terra
nova” a esta renovación misteriosa que transformará a humanidade e o mundo. Neste
“universo novo”, a Xerusalén celestial, Deus terá a súa morada entre os homes. “E
enxugará toda bágoa dos seus ollos, e non haberá xa morte nin haberá pranto,
nin berros nin fatigas, porque o mundo vello ha pasado”.
Amén
Pechamos
esta sección coa que durante 25 semanas profundamos no que significa cada un
dos artigos do símbolo da nosa fe, o Credo.
O Credo, como a Biblia, como a maioría das
oracións cristiás, termina coa palabra hebrea Amén. En hebreo, Amén pertence á
mesma raíz que a palabra “crer”. Esta raíz expresa a solidez, a fiabilidade, a
fidelidade. Así pois, o “Amén” final do Credo recolle e confirma a súa primeira
palabra: “Creo”.
Crer é dicir “Amén” ás palabras, ás promesas,
aos mandamentos de Deus, é fiarse totalmente del, que é o A máis diso amor
infinito e de perfecta fidelidade.
Comentarios
Publicar un comentario