Quen é o meu próximo? - Lc 10, 25-37

Domingo 15 de Ordinario - ciclo C


SAMARITANO DE AMOR

No meu camiño atopo cada día a dor xunto a min,
por veces penso que non hai dereito a sufrir así.
Dóeme tanto cando sofre un home a súa dor
que quero velo feliz.

Desde o abismo do home que sofre veño a Ti, Señor.
Intento verte no irmán enfermo, dáme Ti a luz.
Fai que non pase de largo, á túa beira
quero ser “Samaritano de amor”.

Oio os teus pasos xunto a min ao camiñar,
síntote preto, encontro en Ti a forza para andar,
dáme a túa man porque senón heime perder,
que coma Ti, Señor Xesús, pase eu facendo o ben.

Cando un irmán sufrindo o seu “calvario”
aguanta a súa cruz, dálle a túa man
e sé o seu “cirineo” coma para Xesús.
Co teu sorriso lograrás facer do seu sufrir
como unha ofrenda de altar.

Sementa rosas no camiño amargo co teu corazón
e brotará de novo aquel sorriso de quen sente amor.
Así o enfermo entenderá que desde a súa dor
fálalle o Noso Señor.


Comentarios

Publicacións populares