Marta acolleuno. María escolleu a mellor parte. - Lc 10, 38-42

Domingo 16 de Ordinario - ciclo C


                        SENTADO AOS PÉS DO SEÑOR

Aos teus pés, Señor,
aos teus pés póñome eu tamén,
como María,
para escoitarte e amarte.

Veño onda ti
co corazón cheo de cariño,
porque estou coma namorado de ti,
porque estou engaiolado das túas cousas,
porque me encanta todo o que ti fas e ensinas.

Aos teus pés estou, Señor,
para aprender de ti
o tempero fondo da vida,
para aprender de ti a asentar a miña vida
no único realmente necesario.

Eu creo en ti, Señor,
eu creo na capacidade que ti tes
de encher a miña vida,
de darme toda a densidade necesaria
para ser fondamente feliz.

Aos teus pés estou, Señor,
coas mans e co corazón abertos,
e cos deportivos a carón,
disposto a andar canda ti
os camiños solidarios de Deus.

Comentarios

Publicacións populares