7 jul. 2013

Descansará neles a vosa paz . Lc 10, 1-12.17-20

Domingo 14 de Ordinario - ciclo C


ORACIÓN DO ENVIADO

Mándame a min, Pai,
mándame a min.

Quero ser xornaleiro da túa terra
onde medra o pan da fraternidade.
Mándame a min.

Estou disposto a sufrir violencia
por me poñer do lado dos pequenos.
Mándame a min.

Quero andar en pobreza por dentro
e por fóra para amar e servir mellor.
Mándame a min.

Lévame da man á casa dos meus veciños
para compartir a vida con paixón de irmán.
Mándame a min.

Canta paz me ten dado a túa paz
para andar con paz na loita necesaria!
Mándame a min.

Gústame compartilo todo
sen negar nada do meu na hora da irmandade.
Mándame a mino

As miñas mans andarán en agarimo e xustiza
polo corpo e pola alma do aflixido.
Mándame a min.

Sen violencia, sen fanatismos, sen intolerancia,
con humildade sinxela e leda.
Mándame a min.

No hay comentarios:

Publicar un comentario