O meu cáliz beberédelo - Mt 20, 20-28
Día do Apóstolo - 25 de xullo
HIMNO (II vésperas)
O alustro nas olladas,
nas palabras o trono:
Leva o santo Patrono
todo o reino do Ceo nas pegadas.
Hai noites estreladas
no seu soño, un destino,
un bastón peregrino
e á beira do solpor, redes botadas.
Hai corazón de lume,
e unha roibén erguida
coma un cáliz, ferida
na que reborda do martirio o zume.
E unha igrexa, a galega,
barca de pedra dura,
que medra sen fisura,
ata acoller o mundo na bodega.
Agora que o solpor
destece nas ladeiras
as luces derradeiras,
Apóstolo Santiago, soñador,
Comentarios
Publicar un comentario