3 de xullo San Tomé, Apóstolo


DEBUXOS  E VIDA ADAPTADA DE: http://dibujosparacatequesis.blogspot.com.es/

San Tomé pertence o grupo dos doce apóstoloes de Xesús. Os evanxeos nárrannos que Tomé, despois de afirmar valientemente "vaiamos tamén nós e morramos con El", non foi capaz de crer na resurrección de Xesús sen velo e tocalo*.
Coñéceselle a San Tomé pola súa dureza para crer despois da morte do Señor. Xesús apareceuse aos discípulos o día da resurrección para convencelos de que resucitara realmente. Tomé, que estaba ausente, negouse a crer na resurrección de Xesús: "Se non vexo nas súas mans a pegada dos cravos e poño o dedo nos buracos dos cravos e se non meto a man no seu costado, non crerei". Oito días máis tarde, cando Xesús se atopaba cos discípulos, dirixiuse a Tomé e díxolle: "Pon aquí o teu dedo e mira as miñas mans: dáme a túa man e pona no meu costado. E non sexas incrédulo, senón crente." Tomé caeu de xeonllos e exclamou: "Señor meu e Deus meu!" Xesús replicó: "Criches, Tomé, porque me viches. Benaventurados quen creron sen ver.
Afírmase que San Tomé predicou o Evanxeo aos partos, medos, persas e hircanios, e que despois pasou á India e foi martirizado en Calamina. Represéntallo cunha regra porque a tradición di que posuía coñecementos de construción, ademais, cunha lanza, elemento do seu martirio. 
Conmemórase o 3 de xullo a translación das reliquias de Santo Tomás a Edesa, ademais crese que o martirio tivo lugar o 3 de xullo do ano 72.


*Aparece varias veces nos evanxeos, tras a resurrección de Lázaro e tamén na Última Cea e chamábanlle Dídimo (o Xemelgo), porque tiña un irmán.




PRIMEIRA Ef 2, 19-22
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS EFESIOS
Edificados sobre o fundamento dos apóstolos

Irmáns e irmás:
19xa non sodes estranxeiros nin xente de fóra: sodes concidadáns dos crentes e membros da casa de Deus, 20edificados sobre o alicerce dos apóstolos e dos profetas, sendo a pedra esquinal Cristo Xesús. 21Sobre El toda a construcción se vai erguendo ata formar un templo santo no Señor. 22E nesa construcción tamén entrades vós, para formardes unha morada de Deus, no Espírito.


SAL. RESP. Sal 116, 1. 2
R/ (Mc 16, 15) Ide a todo o mundo e predicade o Evanxeo

1Louvade o Señor tódalas xentes,
aclamádeo tódolos pobos.
2O seu amor connosco é firme,
a súa fidelidade dura sempre.


ALELUIA Xn 20, 29
Porque me viches, Tomé, criches, di o Señor;
ditosos os que non viron e creron


EVANXEO Xn 20, 24-29
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
¡Meu Señor e meu Deus!

24 Tomé, un dos doce, o chamado Xemeo, non estaba con eles cando chegou Xesús. 25Dicíanlle entón os outros discípulos:
-Vímo-lo Señor.
Pero el contestoulles:
-Como non vexa nas súas mans as furas dos cravos e non meta nelas o meu dedo; como non meta a miña man no seu costado, non crerei.
26Oito días despois estaban outra vez dentro os discípulos, e Tomé con eles. Chegou Xesús, estando pechadas as portas, e poñéndose no medio, dixo:

-Paz convosco.
27Despois díxolle a Tomé:
-Trae aquí o teu dedo e mira as miñas mans; trae a túa man e métea no meu costado. Non sexas incrédulo, senón home de fe.
28Tomé respondeulle:
-¡Meu Señor e meu Deus!
29Xesús díxolle:
-¿Tes fe porque me viches? ¡Benia os que creron sen veren! 


NOTA: Moitas grazas ós nosos amigos de http://dibujosparacatequesis.blogspot.com.es/ , que nos cederon os debuxos dos apóstolos cando lles contei a intención de facer unhas fichas cuns versiños para que os nenos aprenderan a vida dos apóstolos, a maioría grandes descoñecidos para todos nós. A eles van adicados estes traballos. 
Comezamos esta serie con s.Pedro e S.Paulo o pasado 29 de xuño.


Comentarios

Publicacións populares